PARA O 1º CICLO

 Crocodilo e Xirafa son moi diferentes pero están moi namorados, tanto que tiveron familia. O día a día adoita transcorrer tranquilo pero, ás veces, prodúcese algún problema, poderán entre todos atoparlle solución? Descúbreo.








 Coa primavera apareceu no lugar unha muller maior de apariencia extravagante, coa que se meteron os nenos e nenas tratándoa de loca e bruxa por levar o pelo pintado en tiras de cores e andar descalza...

 ...Se levantó una tormenta y el barco no regresó. Mamá y papá habían desaparecido en el mar. Yo estaba solo. Me quedé en la habitación con las cortinas corridas. Oí llamar a la puerta. –Hola, soy Tío Elefante -dijo una voz... Ternura y sensibilidad son algunas de las emociones que desprende este relato entrañable, un clásico imprescindible de la Literatura Infantil de todos los tiempos. El pequeño elefante pasa un tiempo con su tío, que mitiga a base de cuentos reparadores, canciones divertidas y juegos de palabras, la tristeza que provoca en su sobrino la desaparición de sus padres.
 Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Landd atópanse na auga a lombos dun monstro. Só entón se decatan de que non se trata nin dunha balea nin dunha criatura mariña, senón dunha estraña máquina submarina, o Nautilus!De súpeto, ábrese un zapón e os nosos amigos son arrastrados ao interior da nave. Son prisioneiros do misterioso capitán Nemo.






Pupi quedou a durmir na casa de Nachete. Ao principio, todo é moi divertido, ata que chegan as pantasmas e as antenas do extraterrestre empezan a xirar. Pero, de onde sairían esas pantasmas?








Cando chove...O meu can métese en todos os charcos do paseo. Chega á casa coas catro patas e o fociño manchados de lama,contento, movendo o rabo.Mamá cólleo do pescozo e méteo no lavabo ata que sae branco outra vez...






Rosalinda non é o que seus padres esperaban: loce unha rechamante pelaxe vermella en vez da color azabache do que fachendea a familia; e fai cousas impropias da súa especie, como relacionarse con ratos e cans. Rosalinda non encaixa no seu fogar e emprende o seu propio camiño en busca de fortuna.

0 comentarios: